Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

Folga comarcal en Ferrol o 10 de marzo

  • Ramón Sarmiento: «Temos riba da mesa o peor rostro do proceso de desmantelamento das capacidades dunha comarca»
  • Manifestación en Ferrol ás 12:00, desde o polígono da Gándara ata o monumento ao Dez de Marzo

CCOO, UGT e CIG convocan unitariamente folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, xustifica a medida ante a «situación de excepcional gravidade», especialmente no ámbito industrial.

03/03/2021.
De esquerda a dereita, Santiago Díaz, Yolanda Quintiá, Ramón Sarmiento e Xan María Castro, na presentación dos actos do Día da Clase Obreira Galega

De esquerda a dereita, Santiago Díaz, Yolanda Quintiá, Ramón Sarmiento e Xan María Castro, na presentación dos actos do Día da Clase Obreira Galega

Ramón Sarmiento adverte que «se non hai vontade política e recursos públicos, temos riba da mesa o peor rostro do proceso de desmantelamento das capacidades dunha comarca».

Santiago Díaz, secretario comarcal de CCOO en Ferrol, lamenta a «situación de decrecemento absoluto» que padecen estas comarcas, especialmente intenso na cidade departamental, que chegou a superar os noventa mil habitantes e que agora ten pouco máis de sesenta e seis mil.

Manifestación

CCOO, UGT e CIG convocan unha manifestación o 10 de marzo que partirá ás 12:00 da rotonda do Alcampo, no polígono da Gándara, e rematará no monumento ao Dez de Marzo.